Política de cookies

O sitio web http://covid19.carballo.gal utiliza cookies coa finalidade de prestarlle unha mellor experiencia na súa navegación. Así mesmo, en caso de que preste o seu consentimento, utilizaremos cookies que nos permitan obter máis información acerca das súas preferencias e personalizar o noso sitio web de conformidade cos seus intereses individuais, para que teña unha navegación máis fluída e personalizada.

Desde o Concello de Carballo queremos informar de maneira clara e precisa sobre as cookies que utilizamos no noso sitio web. Vostede poderá en todo momento aceptalas cookies, rexeitalas ou configurar as diferentes cookies que usamos. En caso de que queira obter máis información sobre o uso e a finalidade que facemos delas, pode escribir un correo electrónico a infocovid@carballo.org

 

QUE É UNHA COOKIE?

Unha cookie é un pequeno arquivo que se descarga no ordenador, tablet ou smartphone da persoa usuaria, coa finalidade de almacenar datos e información que poderán ser actualizados e recuperados pola entidade responsable da súa instalación.

A información recollida a través das cookies pode incluír a data e a hora de visitas ao sitio web, as distintas pestanas que vostede visualizou ou o tempo que permaneceu nel. Esta información será utilizada polo titular da web para mellorar os seus contidos, facela máis atractiva e colocar correctamente os contidos que máis lle interesan.

 

Que tipos de cookies utiliza este sitio web?

Este sitio web utiliza os seguintes tipos de cookies:

– Cookies propias

Esta tipoloxía envíase ao seu ordenador e somos exclusivamente nós quen a xestionamos para o mellor funcionamento do sitio web. A información que obtemos emprégase para mellorar a calidade do noso servizo e a súa experiencia como usuaria/o.

– Cookies de terceiros:

Son as que se envían ao seu equipo desde un equipo ou dominio que non xestionamos nós, senón outra entidade colaboradora; as cookies analíticas utilizadas por Google ou as utilizadas polas redes sociais para ofrecer a posibilidade de compartir ou recomendar contidos da nosa páxina web nelas.

A continuación descríbense as tipoloxías de cookies que pode encontrar nunha web.

As cookies necesarias son absolutamente esenciais para que o sitio web funcione correctamente. Estas cookies garanten funcionalidades básicas e características de seguridade deste de forma anónima.

As cookies analíticas utilízanse para comprender como interactúan as persoas que visitan o sitio web. Estas cookies axudan a proporcionar información sobre as métricas, o número de visitas, a taxa de rebote, a fonte de tráfico etc.

A cookies de rendsmento úsanse para comprender e analizar os índices clave de rendemento do sitio web, o que axuda a ofrecerlles unha mellor experiencia ás persoas que realizan as visitas.

As cookies publicitarias empréganse para proporcionar anuncios relevantes e campañas de marketing. Estas cookies rastrean as persoas usuarias dos sitios web e recompilan información para fornecer anuncios personalizados.

As cookies funcionais axudan a realizar certas funcionalidades, como compartir o contido do sitio web en plataformas de redes sociais, recompilar comentarios e outras características de terceiros.

En concreto, as cookies utilizadas neste sitio web detállanse a continuación:

Nome Finalidade Duración Tipoloxía
ANID Mide o rendemento dos anuncios e proporciona recomendacións relativas a produtos baseados en datos estatísticos. De Google Ads. Permanente Publicitaria
APISID Almacenar as preferencias da persoa usuaria e a información durante a visualización das páxinas cos mapas de Google neles. De Google. Dous anos Personalización
CONSENT Consentimento para a configuración da cookie. De Google Ads. Seis meses Técnica
HSID Ao crear ou iniciar sesión nunha conta de Google almacénase esta cookie. Mentres permaneza con esta sesión activa e empregue complementos noutros sitios web como o noso, Google fará uso destas cookies para mellorar a súa experiencia. De Google. Dous anos Técnica
NID O botón Google +1 utilizado no noso sitio web está aloxado en Google. O seu navegador envía información das cookies que Google require se mantén a sesión activa coa súa conta. Estes datos son utilizados por Google coa finalidade de asocialos á súa conta. De Google. Seis meses Personalización
SAPISID Utilizadas por YouTube Dous anos
SEARCH_SAMESITE O obxectivo é mitigar o risco de fuga de información de orixe cruzada. Tamén proporciona certa protección contra os ataques de falsificación de solicitudes entre sitios.
SID Recoller información para o buscador de Google incluído na web. De Google. Dous anos
SIDCC Utilizada por Google para prover servizos e extraer información anónima sobre a navegación. De Google. Tres meses Análise
SSID Recoller información para o buscador de Google incluído na web. De Google. Tres meses Análise
__Secure-3PAPISID Para entregar anuncios máis relevantes para vostede e os seus intereses. Dous anos Análise
__Secure-3PSID Para entregar anuncios máis relevantes para vostede e os seus intereses. De Google. Dous anos Análise
__Secure-APISID Para entregar anuncios máis relevantes para vostede e os seus intereses. Dous anos Análise
__Secure-HSID Para entregar anuncios máis relevantes para vostede e os seus intereses. Dous anos Análise
__Secure-SSID Para entregar anuncios máis relevantes para vostede e os seus intereses. Seis meses Análise
__utma Para distinguir usuarios/as e sesións. De Google Analytics. Dous anos Análise
__utmb Para determinar novas sesións ou visitas. De Google Analytics. Trinta minutos Análise
__utmc Configúrase para interactuar con urchin.js. De Google Analytics. Ao finalizar a sesión Análise
__utmt Para limitar a porcentaxe de solicitudes. De Google Analytics. Dez minutos Análise
__utmz Almacena a fonte de tráfico ou a campaña que explica como chegou a  persoa usuaria ao sitio web. De Google Analytics. Seis meses Análise
cookielawinfo-checkbox-necessary Contén o valor de se foi aceptada a política de cookies e privacidade. Caduca coa sesión Técnica
cookielawinfo-checkbox-non-necessary Contén o valor de se foi aceptada a política de cookies e privacidade. Caduca coa sesión Técnica

 

En cumprimento da Lei 34/2002 e do RXPD debe aceptalas e dar o seu consentimento expreso.

A nosa web tratará os datos que vostede nos proporcione unicamente coa finalidade de xestionar o servizo que solicite en cada momento. Sempre poderá dirixirse mediante o enderezo de correo electrónico
ou por teléfono para solucionar todas as súas dúbidas.

 

Como podo configurar ou deshabilitar as cookies que utiliza este sitio web?

Dispoñemos dun plug-in que permite aceptar, rexeitar ou configurar as cookies en todo momento.

Ademais, vostede poderá restrinxir ou bloquear as cookies, a través da modificación da configuración do navegador que utilice no seu equipo. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación coa instalación de cookies:

– Internet Explorer

– Firefox

– Chrome

– Safari

Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades desta, así como algúns contidos poden verse afectados.

 

Cambios na política de cookies

É posible que actualicemos a política de cookies do noso sitio web. Por este motivo, recomendamos revisar esta política cada vez que se acceda ao noso sitio web co obxectivo de estar adecuadamente informado sobre como e para que usamos as cookies. A política de cookies deste sitio web actualizouse por última vez o 24 de abril de 2020.