Recursos formativos: Comercio electrónico. Como orientarse e elixir a ruta?

https://cdtic.xunta.gal/ecommercehacce

 

 

Programa formativo “Autónomos dixitais”

O programa pretende reforzar o tecido produtivo galego facilitando a 1.200 alumnos o desenvolvemento de competencias en comercio electrónico e novas canles online co obxectivo de mellorar tanto a comunicación cos clientes como o coñecemento dos seus produtos e servizos.

As persoas que realizan unha actividade económica por conta propia interesadas nestes cursos poden solicitar a súa praza ata o 22 de xullo cubrindo un formulario web na páxina web.

 

Os cursos iniciaranse todos os xoves a partir do 21 de maio e o último comezará o 23 de xullo.