Pode solicitala calquera traballador por conta propia que estea dado de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónoma (RETA), que se viu afectado pola suspensión de actividades. Tamén calquera traballador por conta propia que estea dado de alta no RETA e cuxa facturación no mes caia un 75 % respecto á media mensual do semestre anterior (os traballadores cuxo CNAE se corresponda con actividades de creación, artísticas e espectáculos, CNAE 9001 a 9004, a caída de facturación do 75 % poderase acreditar atendendo á media anual).
Para acceder a esta prestación a persoa beneficiaria debe dirixirse á mutua habitual coa que teña cubertas as continxencias profesionais ou ao Servizo Público de Emprego (SEPE), nos casos nos que teñan cobertura co Instituto Nacional da Seguridade Social. As entidades que xestionan a prestación habilitaron formularios nas súas páxinas web e a solicitude poderá realizarse de maneira telemática.
Información adicional: