Prorrógase a aplicación das medidas excepcionais para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19 (art. 22 Real Decreto-lei 8/2020, do 17 de marzo), cuxa vixencia estaba prevista, inicialmente, ata o 30 de setembro de 2020. Desta maneira, ata o próximo 31 de xaneiro de 2021 prorróganse automaticamente de todos os expedientes de regulación temporal de emprego baseados no artigo 22 da Real Decreto-lei 8/2020 (ERTES de forza maior), do 17 de marzo, vixentes e aplicables á data de entrada en vigor do novo decreto-lei (30 de setembro de 2020).
Créanse dúas novas submodalidades de ERTE de forza maior: ERTE por impedimento (para empresas cuxa actividade se viu suspendida por decisión sanitaria) e ERTE por limitación de actividades en todos os sectores (para empresas cuxa actividade non se vexa do todo interrompida por decisión sanitaria pero si limitada), con novas exoneracións de cotas.