Moratoria no pago de alugueiros comerciais

Renegociación e aprazamento do pago de locais comerciais para autónomos e pemes que non teñan capacidade financeira para facer fronte as súas obrigacións de pago do alugueiro dos seus locais.

 

No caso dos grandes propietarios, os inquilinos poderán solicitar no prazo dun mes (ata o 23 de maio de 2020) a concesión dunha moratoria no pago da renda, que se aplicará de maneira automática e afectará o período de tempo que dure o estado de alarma, prorrogable ata un máximo de catro meses. O aprazamento será sen ningún tipo de penalización nin xuros, e poderase devolver, de maneira fraccionada, durante os dous anos seguintes á conclusión da moratoria.

 

A opción por esta moratoria impedirá a execución de garantías de pago, como avais bancarios ou seguros de falta de pagamento de alugueiro.

 

Cando o arrendador sexa un pequeno propietario, poderase solicitar ata 23 de maio o aprazamento temporal e extraordinario no pago da renda, sempre que o devandito aprazamento ou unha rebaixa da renda non se acordase por ambas as partes con carácter voluntario. Nestes casos as partes poderán dispoñer libremente da fianza que sirva para o pago total ou parcial dalgunha ou algunhas mensualidades. Cando se dispoña total ou parcialmente desta, o arrendatario deberá repoñer o importe da fianza disposta no prazo dun ano desde a celebración do acordo ou no prazo que reste de vixencia do contrato, se fose inferior a un ano.

 

Decreto/normativa: