O Real decreto-lei 11/2020, establece para os traballadores por conta propia, no seu artigo 34, moratorias das cotizacións sociais á Seguridade Social, de seis meses, sen xuros, correspondente aos meses de maio, xuño e xullo de 2020.
Para acceder a estes aprazamentos, debe tratarse de empresas ou autónomos afectados desde e pola situación provocada pola COVID-19. Os autónomos e empresas poderán solicitar o aprazamento das cotas que se deben pagar no mes de abril a un xuro reducido do 0,5 %, sete veces inferior ao que normalmente se establece. As cotas que se paguen en maio, xuño e xullo poderán ser obxecto de moratoria a abonar 6 meses despois sen xuros. Aquelas empresas que non cumpran os requisitos poderán pedir igualmente o aprazamento das cotas de maio e xuño cunha recarga do 0,5 %. As empresas e traballadores que se beneficien deste tipo de aprazamentos non poden ter outro aprazamento en vigor. A moratoria non será de aplicación para as empresas que fosen exoneradas de pagar cotizacións sociais polos seus traballadores afectados por ERTE por forza maior a causa do coronavirus.
As actividades de cultivos, impresión e artes gráficas, carpintería metálica, fontanería, instalacións de sistemas de calefacción e aire acondicionado ou instalación de carpintería, comercio polo miúdo non especializado, tendas con predominio en produtos alimentarios, bebidas e tabaco, comercio ou panaderías, confeiterías e pastelerías, axencias de publicidade, actividades odontolóxicas, barbería e outros tratamentos de beleza, poderán solicitar a suspensión durante seis meses sen xuros do pago das cotizacións sociais de maio, xuño e xullo.
Se se lles concede a moratoria, os pagos que debían realizar en maio ingresaranse en novembro e así sucesivamente co resto de mensualidades.
As empresas deben solicitar a moratoria entre o 1 e 10 do mes no que terían que afrontar o pago á Tesourería Xeral da Seguridade Social a través do sistema REDE.
Información adicional:
Decreto/normativa: