Nos expedientes de suspensión de contratos e redución de xornada autorizados en base a forza maior temporal vinculada ao COVID-19, a Tesourería Xeral da Seguridade Social exonerará á empresa do abono da achega empresarial prevista no artigo 273.2 do Texto Refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, así como do relativo ás cotas por conceptos de recadación conxunta, mentres dure o período de suspensión de contratos ou redución de xornada autorizado en base á devandita causa cando a empresa, ao 29 de febreiro de 2020, tivese menos de 50 traballadores en situación de alta na Seguridade Social.
Se a empresa tivese 50 traballadores ou máis, en situación de alta na Seguridade Social, a exoneración da obrigación de cotizar alcanzará ao 75 % da achega empresarial.
Información adicional:
Decreto/normativa: