Garántese, durante a vixencia do estado de alarma, o mantemento dos servizos de comunicacións electrónicas e a conectividade de banda larga a todos os usuarios actuais, así como a prestación dos elementos que integran o servizo universal de telecomunicacións, para o que o provedor designado para a prestación deste deberá garantir a continuidade e calidade a todos os beneficiarios actuais.
Adicionalmente, queda suspendida temporalmente a posibilidade de realizar campañas comerciais extraordinarias de contratación de servizos de comunicacións electrónicas que requiran a portabilidade de numeración e suspéndense todas as operacións de portabilidade de numeración fixa e móbil que non estean en curso, excepto en casos excepcionais de forza maior.
Fraccionamento e aprazamento de débedas nos servizos de comunicacións electrónicas (Art.3):
Establécese aos operadores de comunicacións electrónicas a obrigación de ofrecer un fraccionamento e aprazamento da débeda na que puidesen incorrer os seus abonados correspondente ás facturas pasadas á cobranza desde a data de entrada en vigor do estado de alarma ata o 30 de xuño de 2020. O fraccionamento e aprazamento da débeda ha de ser lineal ao longo dos meses aprazados, o prazo para realizar os pagos fraccionados será de seis meses, salvo que o abonado acordase libremente co operador un prazo diferente, xa sexa superior ou inferior, e non se poderán devindicar intereses de demora nin se esixirán garantías para o fraccionamento e aprazamento.
Decreto/normativa: Real Decreto-ley 19/2020, de 26 de mayo, por el que se adoptan medidas complementarias en materia agraria, científica, económica, de empleo y Seguridad Social y tributarias para paliar los efectos del COVID-19: https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-2020-5315