Subvencións (de ata un 80% a fondo perdido en réxime de concorrencia non competitiva) ás empresas galegas no desenvolvemento e a implementación dun plan de Internacionalización dixital de empresa, co obxectivo de facilitar a súa presenza en mercados, o aceso a clientes, a redución dos custos de transacción e publicidade que permita abrir canles comerciais novos, para a potenciación de actividades económicas internacionais e o incremento das exportacións.
Novidade: Por primeira vez tamén se abre ao sector do comercio.
Gastos subvencionables:
– Consultaría para: a elaboración de diagnósticos de potencial exportador, plans de internacionalización dixital, plans de mercados electrónicos concretos e gastos de asesoría xurídica e legal para a internacionalización dixital;
– Software: Soluciones tecnolóxicas P.I.M. (Product Information Management), adquisición, programación a medida e integración de conectores entre plataformas e con sistemas de información (ERPs), solucións de analítica e visualización de datos para elaborar cadros de mando con indicadores (KPI´s), solucións de intelixencia automatizada para a optimización da supply chain e do fullfillmente e solucións de inbound márketing internacional.
– Outros gastos , tales como os relacionados coa creación e adaptación de tendas online e catálogos online. e campañas de posicionamento SEM.
Contía da subvención: A subvención será do 80% dos gastos.
Prazo de presentación: do 19 de xuño ao 30 de novembro de 2020.