Concesión de axudas do Programa de rescate das persoas traballadoras autónomas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Concesión dunha axuda económica ás persoas traballadoras autónomas para facer fronte á situación económica motivada pola pandemia da COVID-19 que contribúa ao mantemento da actividade económica e do emprego. Poderánse beneficiar dunha axuda de 1.200€ todas as persoas traballadoras autónomas de alta no RETA ou no réxime de traballadores do mar como traballadores por conta propia e que teñan o domicilio fiscal en Galicia e que teñan recoñecido o cesamento ordinario ou extraordinario de actividade regulado no Real decreto lei 30/2020, do 29 de setembro. A axuda acadará os 2.000 € no caso de aquelas persoas traballadoras autónomas en sectores cuxa actividade estivera especialmente paralizada.
Prazo de presentación das solicitudes: 1 mes dende o día seguinte ao da data de publicación da Orde de axusa no DOGA, é dicir, até o 19 de decembro de 2020.

 

 

Publicación do DOG