Cheques de dixitalización COVID-19: Proxectos de dixitalización para facer fronte á situación provocada pola COVID-19

Subvención de proxectos que promovan a adaptación dos beneficiarios á situación creada pola COVID-19 mediante a implementación efectiva de tecnoloxías dixitais.
Teñen en conta de maneira especial as necesidades do tecido empresarial situado no ámbito rural, a economía social e o impulso do traballo a distancia

 

Gastos subvencionables: implementación de tecnoloxías de adaptación ao teletraballo, as solucións de conectividade no ámbito rural, ou sistemas de notificación e de control sanitario e aforo, entre outros mecanismos.

 

Contía da subvención: A contía da axuda será do 80% dos importes, co límite máximo de 9.600 euros por empresa ou o importe máximo de minimis que poida recibir de acordo co que establece o Regulamento (UE) 1407/2013. Os gastos realizados deberán ser dun mínimo de 1500 euros e un máximo de 12.000 euros.

 

Prazo de presentación: do 19 de xuño ao 30 de setembro de 2020.

 

http://www.igape.es/es/base-xeral-de-axudas/ficha/IGAP401