O Real decreto-lei 11/2020, no seu artigo 35, establece o aprazamento no pago das súas débedas coa Seguridade Social, cuxo prazo regulamentario de ingreso teña lugar nos meses de abril, maio e xuño de 2020, sendo de aplicación un xuro do 0,5 %. As empresas e os traballadores por conta propia incluídos en calquera réxime da Seguridade Social ou os autorizados para actuar a través do Sistema de remisión electrónica de datos no ámbito da Seguridade Social (Sistema REDE), sempre que non tivesen outro aprazamento en vigor, poderán solicitar o aprazamento no pago das súas débedas coa Seguridade Social cuxo prazo regulamentario de ingreso teña lugar entre os meses de abril e xuño de 2020, nos termos e condicións establecidos na normativa de Seguridade Social, sendo de aplicación un xuro do 0,5% en lugar do previsto no artigo 23.5 do texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social, aprobado pola Real decreto-lei 8/2015, do 30 de outubro. Estas solicitudes de aprazamento deberán efectuarse antes do transcurso dos dez primeiros naturais do prazo regulamentario de ingreso anteriormente sinalado.
Información adicional:
Decreto/normativa: